Cargando

Cloud

Microsoft Azure e Office 365

Axudamos ás empresas dende a definición, migración, configuración e operación de contornas en Azure ou híbridos, e temos experiencia na expansión internacional de empresas utilizando Microsoft Azure e Office 365 como acelerador.

Cubrimos todas as áreas de Microsoft Azure e Office 365 con proxectos de novas implantacións, migración de sistemas, aplicacións e infraestruturas de contornas OnPremise á Azure.

Office 365

Utilizamos Microsoft Azure e Office 365 como canle para a transformación dixital nas empresas, por iso máis aló das capacidades dos nosos enxeñeiros técnicos, ofrecemos un valor diferencial respecto dos nosos competidores e é unha metodoloxía para aplicar na adopción da nube nas compañías, nas que:

  • Exploramos revisando as infraestruturas e aplicacións existentes.

    Avaliamos e realizamos un roadmap para migración de servizos e implantación de novos.

    Deseñamos a solución que posteriormente implantamos, operamos e mantemos.

Microsfot Cloud Solutions Provider

Solutio é Microsoft Cloud Service Provider, o que nos permite vender directamente Microsoft Azure e Office 365 con importantes descontos e distintas opcións de soporte, así como unha facturación personalizada para os nosos clientes adaptándose aos ciclos e periodicidade que precisan.