Cargando

Novos desafíos

Incubadora tecnolóxica

Solutio Incube nace como unha incubadora que permita deseñar, crear e lanzar ideas dentro do ámbito empresarial que teña na tecnoloxía un facilitador ou un elemento diferenciador.

Procuramos axudar a emprender a aqueles que teñan unha idea que poida permitir a constitución dunha startup. Para iso despregamos as capacidades e coñecemento para promover o emprendemento. Ao mesmo tempo queremos que sexa un laboratorio de tecnoloxías para a creación e despregamento das ideas.

inCube

Esta iniciativa nace no 2016 e na actualidade estamos a desenvolver o primeiro produto, mFoodies, unha aplicación multiplataforma cunha arquitectura nova Net Core + Xamarin.

No 2018 mFoodies será lanzada ao mercado cubrindo unha necesidade dentro do sector do lecer.

O proxecto estase a realizar con metodoloxía Scrum e atópase na fase I de desenvolvemento.

mFoodies